HISTORIA DE SANTA COMBA DE XALLAS EN BOS AIRES

Comenzamos reuníndonos un grupo de veciños como tantas veces, vendo que moitos tiñan un lugar de encontro dixémosnos,e porque nós non?, e fixémoslle chegar a nosa inquietude ao Sr. Alcalde José Toja Parajó no ano 2004. Quen nos pediu que nos organizásemos legalmente, e así comeza a historia da casa de Santa Comba de Xallas en Bos Aires.

Obtivemos a nosa personería xurídica en Mayo do 2005 e desde Agosto do 2006, somos centro colaborador da Xunta de Galicia, sendo todo un orgullo e unha enorme responsabilidade.

A nosa historia estase facendo día a día, paso a paso estamos iniciando un camiño que nos gratifica moito a todos os que formamos a comisión directiva.

Contamos na actualidade con 310 socios, na súa maioria galegos, pero estamos abertos a todos os que desexen achegarse.